Skip to main content

Os novos camións do servizo público municipal de basuras comezarán a traballar a próxima madrugada

Finalmente será SOGAMA e non Nostián, como era intención do executivo, o destino dos residuos do Concello de Arteixo. Tra-lo fracaso das negociacións con URBASER, concesionaria da planta coruñesa e o Consorcio de As Mariñas, o novo modelo de tratamento do lixo implantado polo goberno local terminará o seu ciclo na planta de Cerceda. 

Arteixo adhírese así a outros 295 concellos galegos coa particularidade que será o arteixán o primeiro municipio galego en depositar os seus restos orgánicos na nova planta de compostaxe que acaba de abrir o complexo de Cerceda. A nova instalación ten previsto producir entre 3000 e 4000 toneladas de compost cada ano.

Ademáis da materia orgánica a planta de SOGAMA encárgase da fracción resto, aqueles materiais que non se separan nos fogares; mentres que o vidro se recollerá directamente no Concello por parte do xestor Ecovidrio.