Skip to main content

Talleres de sensibilización medioambiental planeta limpio

reiclaxeO venres 24 de agosto a partir das 10:00 horas estades todas e todos convidados na Praza do Balneario de Arteixo a unha xornada de construcción masiva dun modelo conxunto con material e facilitadores LEGO Education que pretende extender os valores e obxectivos de sensibilización medioambiental.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Planeta Limpo que é un programa integral, promovido pola Fundación Prosegur, que busca sensibilizar e concienciar á sociedade da importancia da conservación do medioambiente, o impacto e a necesidade da correcta xestión dos residuos. É un programa inovador que, na súa terceira edición, desenvólvese na provincia da Coruña.

Conta cunha primeira etapa realizada en 10 colexios da rexión (Abril-Maio 2018) a través de talleres nas aulas, onde 1880 alumnos e alumnas de entre 8 e 12 anos levaron a cabo misións medioambientais coa axuda de robots LEGO Education; unha segunda fase para resolver en rede problemas medioambientais da súa contorna (xullo 2018) e remata cunha serie de actividades lúdicas no verán abertas ao público.

Nesta última fase do programa estanse levando a cabo as seguintes actividades na Praza do Balneario onde participan activamente as persoas inscritas na 5ª quenda do campamento educativo:

  • Talleres medioambientais: Actividade constructiva individual con material LEGO Education (3 xornadas en horario de mañá) onde os participantes buscan solucións creativas a unha problemática medioambiental concreta. O obxectivo é extender á sociedade a sensibilización polo coidado da contorna, logrando que a cidadanía se implique na resolución de ditos problemas.
  • Xornada de construcción masiva: Actividade, de fluxo contínuo, aberta ao público que pretende extender os valores e obxectivos de sensibilización mediambiental, mediante a construcción dun modelo conxunto construído entre todos os participantes. A dinámica levarase a cabo nunha única xornada tamén con material e facilitadores LEGO Education.

As datas e horarios da actividade en Arteixo son:

  • 21 Agosto de 11:00 a 13:00 horas na Praza do Balneario
  • 22 Agosto de 10:00 a 14:00 horas  na Praza do Balneario
  • 23 Agosto de 10:00 a 14:00 horas na Praza do Balneario
  • 24 Agosto de 10:00 a 14:00 horas na Praza do Balneario