Skip to main content

O Concello da luz verde as ordenanzas que regulan o acceso ás prazas e o prezo da nova residencia de maiores

As ordenanzas publicadas e xa aprobadas de forma definitiva regulan o acceso e o prezo das prazas de titularidade municipal no novo centro de atención residencial que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar terá no Concello de Arteixo. 

Como norma xeral, para acceder á nova residencia, haberá que estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Arteixo cunha antigüidade de doce meses ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de solicitude. Tamén estipula a ordenanza que durante o primeiro ano natural dende a apertura do centro terán acceso aquelas persoas, que por circunstancias sobrevidas e non previstas, ou inevitables, tendo iniciado a solicitude de valoración de dependencia no Concello de Arteixo, tivesen que facer uso dun equipamento especializado de atención residencial privado, co consecuente traslado de empadroamento, sempre e cando teñan solicitado praza pública residencial polo Sistema de promoción da autonomía persoal e atención a dependencia. 

A norma establece distintos graos de dependencia para acceder ás prazas e tamén propón distintos modelos de estadías para regula-las mesmas. 

En canto ó prezo, utilízase como referencia  o contido no Convenio asinado co Consorcio para o Concello de Arteixo e addendas posteriores que puideran asinarse. A contía que resulte de aplicación dos coeficientes de copagamento pola usuaria, en ningún caso poderá exceder o 90 por 100 do prezo de referencia do servizo prestado