Skip to main content

A feira histórica contará cun punto violeta antiacoso

O concello e o Centro comercial aberto poñen en marcha un punto violeta contra as agresións machistas durante a celebración, esta fin de semana, da XIX Edición da feira histórica Arteixo 1900. Estará  situado xunto á carpa da Praza do Balneario, e se repartirá información sobre igualdade, haberá un photocall para que quen se achegue mostre o seu rexeitamento á violencia de xénero e se atenderán os posibles casos de agresións.

O obxectivo é «intentar conseguir unha festa libre de violencia machista». O punto estará atendido polo personal municipal do Centro da Información da Muller.Haberá unha psicóloga e unha educadora social, que darán apoio, información e se coordinarán cos corpos e forzas de seguridade para afrontar posibles conflitos. Para iso, o CIM de Arteixo adaptou o protocolo de actuación en caso de agresións que xa están a utilizar algunhas administracións públicas como ensino e sanidade.

O Punto Violeta abrirá nos horarios de maior afluencia de público á praza, dende o hoxe ata o domingo, pechando ás 3.30 da madrugada nas noites de concertos. «Sabemos que as últimas horas da festa adoitan ser cando máis agresións se producen, polo que é necesario manter o espazo aberto para que se, por exemplo, algunha muller non se sinta segura volvendo a casa, poidamos ofrecerlle apoio» comenta Rosa Trillo, unha das dúas técnicas da actividade.

O Punto Violeta conta tamén coa colaboración do Colexio de Educadores Sociais a través da súa directiva, que estará no espazo en distintos momentos, ademais de información sobre a App «Agresión OFF» da Xunta de Galicia.

A Feira Histórica 1900 está adicada integramente a muller. Así a Feira Histórica recordará a través dunha exposición titulada “Galicianas: mulleres galegas facendo historia” recordarán a figura de mulleres tan relevantes como Concepción Arenal, Maruxa Mallo, Sofía Casanova ou María Barbeito. Tamén recordará a Feira Histórica as mulleres anónimas -obreiras e campesiñas- .