Skip to main content

Arteixo únese a Liverpool e Famalicao na súa aposta pola innovación empresarial

Arteixo iniciaciá, xunto coa cidade portuguesa de Famalicao e a británica Liverpool diversos programas de colaboración, como pode ser o intercambio de programas de innovación entre diferentes sectores empresarias.

É o acordo alcanzado entre o alcalde Carlos Calvelo, Paulo Cunha, presidente da cámara municipal de Famalicao e Gary Millar, vice mayor da cidade de Liverpool nun encontro celebrado na cidade lusa e ao que acodiron varios concelleiros da corporación local. 

proxecto de colaboración entre as tres vilas nace dunha visión común para deseñar estratexias de desenvolvemento cara a unha optimización dos recursos humanos, económicos, naturais e culturais de diversos concellos situados en diferentes países e, fundamentalmente, para o aproveitamento conxunto das súas potencialidades no eido industrial. Neste sentido, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal ten, entre as súas liñas de traballo, a de potenciar o achegamento e a integración entre as institucións da Eurorrexión. Dentro desta liña, puxo en marcha un programa de irmandamentos entre os concellos da Eurorrexión, pero dun xeito alonxado dos antigos irmandamentos, xa que neste caso buscouse sempre a existencia dun nexo común entre os concellos que se quixeran irmandar.