Skip to main content

O Concello inicia os trámites para a construcción dunha nova praza en Meicende

O pleno da corporación municipal, o próximo 31 de outubro, tratará o dictame de expropiación definitivo para adquirir 4200 metros cadrados en Meicende que servirán para a construcción dunha nova zona de ocio e esparexemento na parroquia. 

O Concello xa iniciou a licitación do proxecto que se ubicará nunha zona paralela á Avenida do Butano. Ser unha praza con pistas deportivas e un perímetro para aparcamento con aproximadamente 44 prazas. O presuposto é de 665.000 euros. 

O proxecto complétase cun edificio de uso mixto, que ocupará 1.100 metros cadrados, e que servirá como centro de día e ludoteca infantil. Será o chamado "Arteixo Concilia" e que se financiará con fondos FEDER dentro das distintas liñas de inversión que permiten os cinco millóns de euros que a Unión Europea concedeu a Arteixo. 

A nova infraestructura sitúase na cabeceira da liña 6 de autobuses de A Coruña o que permitirá ao concello levar a ese lugar a liña municipal de autobuses que unirán Meicende e o centro de Arteixo e que tamén se financiará con fondos europeos. 

Praza Meicende