Skip to main content

O Nadal trae de volta o curso de cociña creativa

Cociña creativa e artesanías navideñas. As concellerías de educación e cultura únense para ofrecer ós máis pequenos da casa alternativas de ocio nas vacacións de nadal. 

A cociña creativa, que tanto éxito colleitou en edicións anteriores, chegará a Meicende os días 26, 27 e 28 de decembro de 11:30-13:00 h, Serán sesións de unha hora e media na que os participantes aprenderán a elaborar, entre outras cousas,  unha ensalada festiva, un paté de marisco, mini hamburguesas de pescado, roliños de salmón, mazapáns e galletas navideñas.

A Arteixo chega a Artesanía de Nadal os días 2,3 e 4 de xaneiro. Será no centro cívico de cinco a seis e media da tarde. Neste caso trátase de que os máis pequenos da casa fagan a súa propia árbore de nadal decorada con arxila xaponesa e con outros elementos naturais. Tamén aprenderán "packaging" creativo, divertidos elementos decorativos e lambetadas navideñas.

Ambas actividades están dirixidas a nenas e nenos de 7 a 12 anos e contan con 20 prazas cada unha. O prazo de inscrición remata o 17 de decembro e o sorteo de prazas está previsto para o 19 de decembro ás 12:00 h.

A publicación de persoas admitidas e suplentes serán publicadas na web do Concello así como nos taboleiros de anuncios do CCC de Arteixo.

A ficha de inscrición hai que entregala no Centro Cívico Cultural de Arteixo en horario de 9:00 a 14:00 h ou por mail a cultura@arteixo.org.

navidad

Documentos: