Skip to main content

Premios para os mellores escaparates do Nadal

A Concellería de Promoción Económica e Turismo por en marcha a XIV Edición do Concurso de escaparates de Nadal co que se pretende axudar á promoción de comercio local e incentivar a súa modernización e mellora ademáis de animar ós compradores nas datas navideñas. 

Poden participar todos os comercios, servizos e hostalaría que desenvolvan a súa actividade no noso termo municipal. Os interesados deben de se inscribir antes do 7 de decembro.

Os participantes deberán ter decorados os seus escaparates, con motivos navideños, cando menos entre o 10 de decembro e o 5 de xaneiro. Un xurado examinará as creacións o 11 de decembro e en días posteriores se o considerase necesario.

O Concello repartirá máis de 2000 euros en premios. Serán 900 euros para o mellor escaparate; 600 para o segundo e dous premios de 300 euros. Un para o terceiro clasificado e outro como accésit á orixinalidade.

Documentos: