Skip to main content

O humor de Tito Rober e a música de 7 Puertas na axenda da fin de semana

No Auditorio do CSC de Meicende, ás 20:00 h, o humorista Tito Rober descubriranos “A vida e milagres do zume de laranxa”, un monólogo que nos fala das peripecias dun neno ourensán, nacido no seo dunha familia humilde, coa única influencia feminina da súa nai. Rober aproveitará para facer sarcasmo das etapas esenciais da vida de toda persoa, intercalando medos e experiencias propias, e facendo mordaces comparacións coa vida da mocidade actual.

Con invitación, que se poderá recoller 1 h antes na Conserxería do CSC de Meicende.

A música chega, unha vez máis, dos locais 7 puertas que presentan o seu novo disco o sábado 22 de decembro. Será ás 19.00 h no auditorio do Centro Cívico. As entradas estarán á venda dúas horas antes. 

7 puertas