Skip to main content

"Deporte na Natureza" oferta máis de cincocentas prazas para todas as idades

Natureza de Deporte 2019

 

O Servizo Municipal de Deportes presenta o Programa Natureza e Deporte 2019, un programa renovado no que se ofertan máis de 500 prazas de actividades deportivas dirixidas a todas as idades. Este programa ten como obxectivo principal promocionar hábitos de vida saudables a través da actividade fí­sica en entornos naturais .

Como novidades plantéxanse as seguintes actividades:

  • Talleres de novas tendencias de deporte e saúde
  • Curso de iniciación á actividade física no medio natural
  • Xornada de multiaventura (rafting e paintball)
  • Cursos de iniciación ao Golf
  • Rutas de sendeirismo pola Ribeira Sacra
dxt

Procedemento de inscrición:

  • Haberá un período de inscrición específico para cada unha das actividades, no que se terá que cubrir un impreso e entregalo nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes persoalmente ou por mail na dirección deportes@arteixo.org. O impreso poderá recollerse no Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org.
  • Inscrición directa por orde de solicitude, con preferencia ás persoas empadroadas en Arteixo.
  • Pódese efectuar o pago do prezo público (unha vez emitida a carta de pagamento polo Servizo Municipal de Deportes) nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

  • Con carácter xeral é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.
  • Na programación deportiva municipal teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
  • De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.