Skip to main content

Setenta e nove coches abandoados en Arteixo no ano 2018

A Policía Local tramitou en 2018 79 denuncias por vehículos abandoados na vía pública. A denuncia tramítase cando os axentes detectan que un coche está máis dun mes nun mesmo lugar sen moverse. 

Dos 79 vehículos denunciados, 15 foron declarados residuos sólidos urbanos e convertidos en chatarra despois de que os seus propietarios, unha vez notificados, non os retirasen, no prazo de dous meses,  do depósito municipal. 

As denuncias rexistran, con estes datos, un incremento con respecto a 2017 cando se retiraron, polo mesmo motivo,58 vehículos. En 2016 foron 69; 72 no ano 2015 e 104 e 152 en 2014  e 2013 respectivamente. 

O Concello ven de instalar no depósito municipal de vehículos, en Sabón, unha aplicación informática que permite aos axentes dispoñer, en tempo real, do número de vehículos que entran e saen do mesmo.