Skip to main content

Axudas da Deputación da Coruña para a inversión en bens inventariables (PEL-Emprende Inversión 2019)

Obxecto:

Dinamizar a actividade empresarial e fortalecer o tecido produtivo a nivel local, apoiando a emprendedores/as e empresarios/as na marcha da súa idea de negocio a través de incentivos á inversión en bens inventariables necesarios para a realización da súa actividade empresarial.

Contías:

Ata un 80% do investimento realizado, cunha inversión mínima de 2.500 € e unha máxima de 25.000 €.

Prazo:

O prazo de solicitude será do 21 de marzo de 2019 ao día 22 de abril de 2019.