Skip to main content

As festas das flores tamén terán o seu Punto Violeta

O Centro de Información ás Mulleres ( CIM) do concello de Arteixo instalará coincidindo coa verbena dos días 24,25 e 26 de maio un Punto Violeta.

Trátase de sensibilizar á poboación, especialmente á xente nova presente neste tipo de eventos, respecto ás agresións sexuais no tempo de ocio nocturno,   informar de recursos  e acompañar a posibles vítimas.

Estará atendido por monitoras con formación especializada que repartirán materiais para difundir a mensaxe “Por unhas festas libres de agresións machistas” con  folletos dirixidos a mozas e mozos e camisetas para as persoas que se acheguen a informarse nos seguintes horarios:

Venres de 21 horas a 3: 30 da madrugada

Sábado de 23 horas  a 2: 30 da madrugada

Domingo de 20  a 23 horas.

O Punto Violeta contará cun espazo propio debidamente sinalizado dentro da carpa da verbena.

Reitérase así o compromiso do concello de Arteixo na loita contra a violencia de xénero nos espazos públicos e privados, recordando que as festas teñen que ser un momento de disfrute compartido e de relacións consentidas.