Skip to main content

O Pazo dos Deportes acolle a clausura das actividades extraescolares deportivas

Centos de alumnos dos distintos centros educativos do concello daranse cita o domingo 2 de xuño na clausura das actividades extraescolares deportivas. 

Será no Pazos dos Deportes en horario de mañán, de 10.30h a 13.00h, e de tarde, de 16.00h a 19.00h.  Pola mañán haberá exhibicións de Futbiño, Tenis, Baloncesto, Kung Fu, Ximnasia Deportiva, Xogos Psicomotrices e Predeporte, mentres que pola tarde será o turno da patinaxe.

A axenda deportiva da fin de semana complétase co Torneo de Fútbol concello de Arteixo. Comeza o sábado coa categoría "biberón". No campo de herba natural, en horario de 10.00h a 14.30h. 

O domingo será o turno da categoría benxamín, Organiza tamén o Atlético Arteixo e será nos campos de herba natural e artificial entre as 10 e as 19 h. 

O xadrez é protagonista o sábado coa celebración do IX Torneo Escolar que organiza o Club de Xadrez Arteixo. Será en horario de 16.15h a 20.00h no Pazo dos Deportes, agárdase a participación duns 100 escolares.