Skip to main content

Subvencións para promover a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas

Resolución do 11 de xuño de 2019, de Secretaría Xeral da Emigración pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes e se convocan para o ano 2019, publicada no DOG nº113, do 17 de xuño do 2019.

Obxecto:

Promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes.

Beneficiarios:

Persoas galegas, cónxuxes e descendentes nacidas en Galicia que ao retornar a Galicia emprendan unha actividade como autónomo, socio dunha entidade mercantil, sociedade laboral ou cooperativa de traballo asociado.

Prazo de solicitudes (por medios electrónicos):

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 18 de xuño ao 30 de setembro de 2019.

Ligazóns: