Skip to main content

Procedemento de inscrición actividades extraescolares 2019/2020

Desde as Concellarías de Deportes e Relacións coa Comunidade Educativa comunicamos que o procedemento de inscrición no Programa de Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2019/2020 será o seguinte:

edu

RENOVACIÓN DE PRAZAS 

Aquelas persoas que xa estiveron inscritas no Programa de Actividades Extraescolares no curso 2018/2019, poderán renovar a praza no mesmo grupo.

  • Prazo: Do 17 ao 28 de xuño, entregando o xustificante de pago antes das 14.00 h do 28 de xuño.
  • Lugar:
    • Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas)
    • Solicitándoo a través dos correos electrónicos deportes@arteixo.org ou educacion@arteixo.org, indicando nome, apelidos, dni e grupo no que se atopa inscrito e solicita a renovación.

Segundo o artigo 8 da ordenanza nº 34 “prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos”

ARTIGO 8. Normas de xestión. 1. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará ao obrigado ao pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:

a) Que a actividade, obradoiro ou taller, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis a Administración.

b) Que a actividade, obradoiro ou taller non chegara a desenvolverse por causas imputábeis a esta Administración.

 

NOVAS INSCRICIÓNS:

  • Prazo de preinscrición: do 15 ao 31 de xullo
    • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación; ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org.
    • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido.
  • Exposición de persoas preinscritas: A partir do 12 de agosto na páxina web municipal.
  • Sorteo público: 16 de agosto ás 11:00 h no Salón de Plenos do Concello
  • Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 19 de agosto na páxina web municipal
  • Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (20 ao 30 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  • Deberá achegarse a folla de inscrición e recibo de pago:
  • De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do 2 de setembro.
  • Lembramos que o calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.
  • Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal 

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

  • Comezo das actividades: Primeiro día lectivo do curso para o alumnado que teña formalizada a inscrición.
  • Inscricións
    • Actividades deportivas: Servizo Municipal de Deportes (Complexo Deportivo Municipal de Arteixo) de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981659172
    • Actividades educativas: Departamento de Relacións coa Comunidade Educativa (Av dos Bosques 16),de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981647294.
    • Unha vez comece o curso poderanse facer en horario de 16.00 a 18.00 h nos propios centros escolares.
  • Número de prazas limitadas. Precísase un número mínimo de participantes para levar a cabo a actividade (Educativas: 5 participantes / Deportivas: 10 participantes).
  • Servizos complementarios. Ocioteca: dirixida só para o alumnado que empregue regularmente o servizo de comedor ou transporte escolar e asista a algunha actividade extraescolar o día no que solicita a inscrición na ocioteca. É obrigatorio facer unha inscrición previa.
  • Prezo Público e  forma de pago: determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa. O prezo público pode ser obxecto de redución segundo as circunstancias socioeconómicas da unidade familiar.
  • Formas de pago:
    • Abonar o importe total nun só pago: xunto coa inscrición.
    • Abonar en dous prazos (cando o prezo a aboar  por alumno sexa superior a 50 €)
      • Xunto coa inscrición: 50 %
      • 1-20 febreiro: 50%
  • A baixa na actividade ao longo do curso non exime do pago do segundo prazo.
  • Importante: en aplicación das normativas dos centros, queda terminantemente prohibida a permanencia no recinto escolar  das persoas acompañantes do alumnado que asiste á actividade.
EDU