Skip to main content

O bus á praia parará definitivamente na Oficina de Turismo

O Concello modifica a parada do autobús ás praias despois de que os usuarios amosasen a súa preferencia porque éste se ubicase na Oficina de Turismo. 

O cambio chega despois de que a Oficina de Turismo se usase como parada provisional durante as festas do Apóstolo. As solicitudes dos usuarios fan que se cambie á Oficina de Tursimo que queda desta forma establecida como parada defitinitiva ata que finalice o servizo no mes de setembro.