Skip to main content

A Danza será o fío conductor dunha nova edición da Feira Arteixo 1900

A danza será o fío conductor dunha nova edición da Feira Arteixo 1900 que alcanza este ano a súa vixésima edición. 

Mercado histórico, xogos tradicionais e populares, a inevitable taberna de Picadillo, fútbol de época ou a concorrida cea baile volven un ano máis para protagonizar un dos eventos festivos marcados con tinta especial no calendario de Arteixo. 

O programa, de tres días. comeza o 18 de outubro coa apertura do tradicional mercado de 1900 e pasarrúas. Haberá animación toda a tarde no entorno do paseo fluvial coa música e o baile como protagonistas e a participación de grupos como Tropicalia, Andhrea and The balck cats ou The Nart que ofrecerán un concerto de Hard Blues a partir das doce da noite. 

Como en edicións anteriores, esta edición da Feira contará  cun punto violeta contra as agresións machistas durante a celebración, esta fin de semana, da XIX Edición da feira histórica Arteixo 1900. Estará  situado xunto á carpa da Praza do Balneario, e se repartirá información sobre igualdade o sábado entre as 22.30 e as 2.30 h. 

19001900

ACTUALIZACIÓN A 17 de Outubro. 

As malas previsión meteorolóxicas para a fin de semana obrigan que o Concello, por motivos de seguridade, modifique algunhas das actividades previstas para a Feira Arteixo 1900. 

Así, suspéndese a montaxe dunha tirolina de 100 m que estaba prevista para os 3 días de feira, así como os organizadores vense obrigados a trasladar de escenario e hora algunhas das actividades do programa.

O venres 18, o grupo PERFUSIÓN executará a súa danza mestizaxe na carpa instalada na Praza do Balneario ás 20:00 h e o OBRADOIRO INFANTIL de máscaras de danzas tribais manterá o seu horario, pero na Cafetería do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O resto das actividades do día non sufrirán alteracións.

O sábado 19 poderá verse afectada a inauguración, polo que os actos previstos no Paseo Fluvial a partir das 11:30 h serán trasladados ao Auditorio ou a Cafetaría  do devandito centro. O espectáculo de Nino e Mambrú e o encontro dos grupos de baile tamén serán trasladados á carpa da Praza do Balneario en caso necesario.

Algunhas das actividades de difícil ubicación, como pasacalles ou a queima da falla, poderán suspenderse se as circunstancias o aconsellan, polo que o Concello de Arteixo pide anticipadamente disculpas  e prega a veciñanza que se manteña informada.