Skip to main content

O padrón do lixo increméntase en preto dun millar de domicilios

O Concello aplicará unha rebaixa na taxa do lixo despois do pleno extraordinario celebrado hoxe e no que os grupos debatiron unha modificación na taxa de recollida. 

A sesión desvelou que o padrón de domicilios que pagan esta taxa incrementarase en preto de 1000 despois de que a administración detectase que os mesmos non pagaban a taxa correspondente. O padrón pasará así dos 17.200 actuais a máis de 18.000.