Skip to main content

O teatro protagoniza a axenda cultural da fin de semana

O teatro protagoniza a axenda cultural de fin de semana.

A compañía Contraproduccións representa o venres "A compañeira de piso" , unha historia de dúas mulleres moi diferentes que, despois do divorcio dunha delas,  comparten piso i experiencias. A cita é ás 20.45 h no Auditorio do Centro Cívico. As entradas costan 3 ou 4 euros. 

Para os máis pequenos o Outono Cultural reserva "Mai, mai" , un espectáculo de Baobab Teatro que conta a historia do último oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir. A cita, neste caso, é o sábado 26 de outubro ás 17 h. As invitacións pódense recoller no Centro de Información á Muller.