Skip to main content

Arteixo ilumina o Nadal

O Nadal 2019 arranca en Arteixo o próximo 29 de Novembro co acendido das luces que protagonizarán, nesta ocasión, tres xeracións da Asociación Xuvenil Xiradela. Será na Praza do Balneario a partir das 18.30 h. Antes, os elfos de Santa Claus, ás 17.30 protagonizarán un contacontos. A actividade termina con un espectáculo de animación infantil. 

Nadal

O alcalde anunciou que para o ano 2020, e unha vez finalizado o contrato coa actual empresa, o Concello buscará un novo contrato que mellore o actual e que faga da iluminación navideña un atractivo máis do concello "sen chegar aos niveis de Vigo". 

O programa festivo inclúe citas tradicionais como os concursos de Panxoliñas e de escaparates, as cabalgatas de Reis, as visitas de Papá Noel, a concorrida festa de fin de ano, nesta ocasión coa orquestra París de Noia;  e a XXVIII Edición da Feira do Galo que será o 21 de decembro a partir das 10 da mañá con pregón a cargo de Xabier Maceiras ás 13.00 h. Como novidade a Asociación Jarnachas organiza ese día a I Carreira de Bicicletas sen cadea. A partir das 16.00 h no Paseo do Balneario. A festa remata con concertos de Os Revenidos, Versión Imposible e Ambigüo. A partir das 19 h tamén na Praza do Balneario. 

A programación tamén inclúe os tradicionais campamentos de Nadal para os máis pequenos organizados pola concellería de relacións coa comunidade educativa. 

 

Nadal