Skip to main content

O Concello potencia a compostaxe

Arteixo inicia unha campaña para difundir a utilización de composteros entre os veciños que poidan albergar este tipo de elementos na súa casa. A iniciativa diríxese principalmente a aqueles que viven en casas unifamiliares.

Trátase de difundir o principio ambiental de solución dos problemas, preferentemente, na súa orixe coa conversión de materia orgánica en compost. O Concello de Arteixo implementará así a compostaxe nos fogares con obxectivos claros como pechar o ciclo da materia orgánica, ao dar valor ao residuo como recurso; reducir o transporte da fracción orgánica á planta de tratamento;empregar o compost producido como abono no canto doutros abonos químicos o que redundara nunha mellora da fertilidade, estrutura e funcionalidade da terra; sensibilizar e formar a cidadanía con respecto ao medio ambiente xa que cada persoa participa no proceso de xestión dos residuos que ela mesma xera; e promover a participación cidadá en cuestións ambientais, tanto no planto individual como no colectivo.

Para facilitar a actividade, o Concello de Arteixo repartirá composteiros a aquelas persoas que teñan fogares que reúnan as condicións adecuadas para realizar a compostaxe (é decir, que dispoñan dunha finca, horta, baixo, patio ou similar) e que asistan a algunha das formacións que se desenvolverán en distintos lugares e datas. 

Será o 10 de decembro no Centro Cívico de Meicende de 7 da tarde a 9 da noite. O 11 de decembro no Centro Social de Rorís á mesma hora e o 16 de decembro, tamén de 19 a 21 h no Centro Arteixo Innovación. 

Esta iniciativa forma parte da xestión pública e con medios propios do servicio da recollida de residuos. O concello tamén se compromete así na adopción de medidas orientadas a reducción na xeración de residuos e o fomento da reciclaxe en todas as súas formas.

Neste sentido, Arteixo foi o primeiro concello da comarca en instalar isletas de cinco contenedores que reforzan a reciclaxe das cinco fraccións principales de residuos: restos orgánicos, vidrio, papel-cartón, envases lixeiros e a denominada fracción resto que inclue aqueles elementos que non entran nas outras fraccións e tamén está destinada a aqueles veciños que non poideran separar os seus residuos domésticos.

compostador