Skip to main content

Xa somos máis de 33.000

Arteixo supera os 33.000 habitantes. O padrón municipal rebasou a pasada semana esa cifra despois de que nos últimos doce meses déranse de alta preto de 700 novos veciños. En xaneiro de 2019 o padrón recollía 32.332 persoas rexistradas. 

As incorporacións ao padrón son, en boa medida, debidas ao número de nacementos, 270 no último ano o que converte a Arteixo nun dos sete, dos 313 concellos galegos, con saldo vexetativo positivo.