Skip to main content

O "parto respetado" no ciclo sobre a saúde das mulleres que organiza o CIM

O parto respetado é unha forma de atender ao procedemento de nacer dunha forma na que priviléxiase a vontade das nais e repétanse os seus tempos fisiolóxicos. Tamén denomínase "parto humanizado". E de todo iso falarase na próxima charla do Ciclo adicado á saúde das mulleres que organiza o CiM.  

O obxetivo é que a información e a reflexión compartida empodere ás mulleres na experiencia da maternidade que a maioría vivimos de forma dirixida por profesionais e pola propia sociedade: como  e cando ser nai, a violencia obstétrica, o parto respetado, a elección do tipo de lactancia.

Contaremos coa matrona do centro de saúde de Arteixo, Iria Montes González, que colabora na organización desta charla, e a presentación da concelleira de Igualdade, Inés Ramos.

Asimesmo, no marco do traballo en rede, o concello de Arteixo a través da concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, cede espazos no centro “A Baiuca”  para os grupos de preparación preparto e postparto que se organizan desde o centro de saúde de Arteixo.

A cita é o día 12 de febreiro ás 18 h no Centro Arteixo Innovación. 

cim