Skip to main content

O novo centro social de Oseiro abre o luns as súas portas

O novo centro social de Oseiro abrirá as súas portas o próximo luns, 17 de febreiro. 

Os traballos, nos que o Concello investiu 700.000 euros, finalizaron en decembro de 2019 e posteriormente dotouse de mobiliario e contratáronse os servizos de conserxeiría e limpeza. 

O novo equipamento consistirá nun centro cívico de 300 metros cadrados que dará servizo ós veciños para celebrar actividades municipais. A zona de ocio terá unha explanada de 700 metros cadrados que poderá se utilizar para todo tipo de eventos; e unha zona de xogos infantís e espazo biosaudable para os adultos.

O novo centro tamén contará cun aparcadoiro con unhas trinta prazas.

A nova actuación do executivo pretende reforzar as opcións de esparexemento do núcleo de Oseiro, que ata  o de agora só contaba co centro de Froxel. 

oseirooseiro