Skip to main content

O Concello habilita unha plataforma On-Line para continuar as actividades para bebés e "horticultura ecolóxica""

As actividades de Igualdade, sanidade, Servizos Sociais e Educación,   "Xogando coa Música BEBÉS" e "Horticultura ecolóxica" que ata o decreto do Estado de alarma viñan desenvolvéndose na Aula da Natureza,  continúan desenvolvéndose a través dunha plataforma online na que se conectan as familias participantes en distintos horarios, durante o periodo de estado de alarma decretado polo Goberno.

 "Xogando ca Música BEBÉS", dirixida a familias con nenos de 0 a 4 anos de idade, é impartida por MusicaVivencial na que se aplica a aprendizaxe para desenvolver destrezas e intelixencia musicais.

"Horticultura Ecolóxica" é un espazo de experiencias e aprendizaxe teórico-práctico, orientadas ao desenvolvemento sostible, á educación ambiental e á agroecoloxía.