Skip to main content

Os "peques" siguen conectados

A actividade EDUPEQUES e a actividade Luditardes organizadas pola concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, e que se impartían na aula da natureza continúan desenvolvéndose a través de conexións do monitorado coas familias participantes en distintos horarios, durante o estado de alarma decretado polo goberno.

Edupeques diríxese ás familias con menores de 9 e 36 meses de idade (non escolarizados) a traves da cal se ofrece formación e información sobre o desenvolvemento das súas fillas e os seus fillos.

Luditardes é unha actividade socioeducativa para a estimulación e aprendizaxe a traves do xogo.