Skip to main content

Todas as actividades deportivas de Arteixo nunha canle de youtube

A plataforma de vídeos máis popular, súmase ás plataformas dixitais que ata o de agora utilizaba o Servizo Municipal de Deportes para continuar coas súas actividades durante a crise do COVID 19

O Servizo Municipal de Deportes ven de crear unha canle na que se recollen os vídeos que cada día e dende o comezo do confinamento poden seguir na páxina de facebook do concello que se achega aos 10.000 seguidores e que distribúe dúas sesións diarias, ás 9'30 e ás 16'00, das actividades deportivas do concello. 

A nova canle de youtube permitirá aos usuarios dispoñer dun sistema máis sinxelo de búsqueda si necesitan acceder a algunha das clases atrasadas. 

O Facebook do concello tamén dispón cada día de actividades dos servizos sociais e da Escola Infantil Municipal