O CIM atendeu máis do dobre de casos de violencia doméstica durante o confinamento
O CIM de Arteixo que, como todos os servizos públicos, tivo as portas pechadas durante o estado de alarma, permaneceu activo como servizo esencial con atención telefónica e presencial en casos que así o requerían.
A atención social, psicolóxica e o asesoramento xurídico prestáronse con horarios amplos e permitiron dar resposta as mulleres en situación de emerxencia provocada pola violencia das súas parellas.
No período de estado de alarma atendéronse case o doble de novos casos de violencia de xénero que nos mesmos meses do ano anterior, no cal puderon incidir múltiples factores como a convivencia prolongada, a vulnerabilidade das vítimas nesta situación e a colaboración veciñal, así como a publicidade e difusión dos servizos de apoio.
Queremos facer fincapé na importancia da rede veciñal para denunciar casos de violencia de xénero e apoiar ás mulleres víctimas.