Skip to main content

O BOP da conta do proxecto para a mellora do abastecemento de auga en Morás

O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe o proxecto para a Condución xeral de abastecemento ao concello de Arteixo e reforzo do subministro de auga en Morás. Treito II. Conexión Vío Alto – Morás. Arteixo (A Coruña)”, conforme ó Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Arteixo.

Este proxecto é froito do convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arteixo, e   que asinaran en marzo pasado o alcalde e a consellería de Infraestructuras e Mobilidade,  para a execución do proxecto nomeado Condución xeral de abastecemento ao concello de Arteixo e reforzo do subministro de auga en Morás. Treito II. Conexión Vío Alto – Morás. Arteixo (A Coruña)”.