Skip to main content

Axudas comedor para o curso 2020/2021

AXUDAS AO ESTUDO PARA FAMILIAS CON DESCENDENTES ESCOLARIZADOS NOS NIVEIS OBRIGATORIO OU NON OBRIGATORIO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS CONVOCADAS POLA CONCELLARÍA DE IGUALDADE, SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE  E EDUCACIÓN

CURSO 2020/2021

Establécense distintos prazos de presentación de solicitudes para :

  • Liña 1 (axudas para comedor escolar): 20 días naturais contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.

 

  • Liña 2 (axudas para adquisición de libros e material didáctico): do 1 ao 20 de outubro de 2020.

 

  • Liña 3 (axudas á mobilidade para estudantes): prazo de UN MES que corresponderá co mes natural de outubro de 2020.

 

LIÑA 1 - AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR: Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes para curso 2020/2021

  • Prazo de solicitude: 20 días naturais desde o seguinte á publicación no BOP (de 14 de xullo ata do 2 de agosto 2020). Ao coincidir o último día do prazo en domingo a data de remate será o dia 3 de agosto ás 14:00 horas.
  • Documentación a aportar: modelo normalizado que se pode obter na páxina web do Concello (www.arteixo.org) no que se concede autorización para que o Concello obteña os datos e documentación doutras administracións.

 

Só se deberá achegar documentación nas seguintes situacións familiares:

  • Para acreditar horario de conciliación familiar: certificación da empresa onde se especifique dito horario.
  • Copia de sentenzas e convenios reguladores cando proceda.
  • Fotocopia da comunicación de concesión de prestación de desemprego si é o caso.

Aconséllase consultar as bases reguladoras para toda a información necesaria.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  • Na sede electrónica (www.arteixo.org)
  • Presencial:
    • No departamento de Educación en horario de 9:00 a 13:45 h. Terán preferencia na atención as persoas que soliciten cita previa. Atenderase sen cita previa por orde de chegada dependendo da dispoñibilidade entre as citas previas.

Para solicitar cita previa:

  • Correo electrónico: educacion@arteixo.org indicando teléfono de contacto, nome e apelidos, DNI da persoa que acudirá á cita.
  • Teléfono: 981659144 (facilitando os mesmos datos)

No caso de desexar dispoñer de cita nun horario/data concreta pode facelo constar no momento de solicitala por calquera dos medios.

    • Noutros rexistros municipais según sistema establecido en cada un.

IMPORTANTE: será obrigatorio o uso de mascarilla e aplicación de medidas de protección.