Skip to main content

A Xunta limita as reunións e o ocio nocturno na comarca de A Coruña

Coranavirus

 

Os rebrotes de coronavirus na comarca coruñesa obrigan á Xunta de Galicia a establecer límites que entrarán en vigor esta mesma noite. 

Peche dos locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, e prohibición das festas, verbenas e outros eventos populares. Tamén limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de dez persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.

Estas medidas son para toda a comarca. A maiores, nos concellos de Coruña, Arteixo, Culleredo e Oleiros, limítase a capacidade ao 50% en todas as actividades e adiantarase o horario de peche de bares e restaurantes á unha da madrugada.
 

Podes consultar a carta completa da Consellería, no documento adxunto. 

Documentos: