Skip to main content

Deportes anuncia o procedemento de inscrición nas Escolas deportivas

O Concello de Arteixo informa que o procedemento de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2020/2021 non permitirá renovar a praza da actividade do curso pasado, polo estado de alerta sanitaria actual, xa que nestes intres non é posible garantir a renovación da totalidade das prazas actuais, debido ás restricións de aforo existentes e recollidas nas diferentes resolucións da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Polo tanto, o procedemento de inscrición no Programa de Escolas Deportivas Municipais para o vindeiro curso 2020/2021 será o seguinte, tendo en conta o contemplado no Regulamento de instalacións deportivas municipais e escolas deportivas municipais, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril de 2015 e publicado no BOP número 213 do 6 de novembro de 2015:

dxt

Prazo de preinscrición: do 28 setembro – 2 outubro

  • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
  • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

Exposición de persoas preinscritas: A partir do 5 outubro na páxina web municipal.

Sorteo público: 7 de outubro ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo

Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 8 de outubro na páxina web municipal.

Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (8 ao 15 de outubro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberán achegarse a folla de inscrición e recibo de pagamento.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións libres a partir do 19 de outubro. O calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

NORMAS ESPECÍFICAS MOTIVADAS POLA COVID-19. Debido á situación de emerxencia sanitaria motivada pola Covid-19 e co fin de garantir a seguridade das persoas que van realizar a solicitude de actividades, establécense as seguintes normas:

  • Obriga de solicitar cita previa. O  alumnado  deberá  solicitar  cita  previa  antes de  acudir  ao Servizo Municipal de Deportes
  • Poderase solicitar cita previa do seguinte xeito:
  • Unha mesma persoa pode formalizar varias solicitudes, de esa persoa ou de familiares.
  • Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas.
  • No  momento  de  espera  para  acceder  á  instalación  deberase  gardar  a  distancia obrigatoria de 1,5 metros.
  • E obrigatorio levar máscara en todo momento.