Skip to main content

As axudas municipais para autónomos que reduciran a súa actividade alcanzan xa a 408 beneficiarios

408 autónomos de Arteixo resultaron beneficiarios das axudas municipais postas en marcha polo concello para tratar de evitar os efectos da COVID. Esta liña, que afecta só a aqueles empresarios que durante a pandemia reduciran significativamente a súa actividade, supuxo un total de 671.600 € .

A Concellería de Promoción Económica publica hoxe a listaxe dos últimos beneficiarios deste liña de axudas que podes consultar no documento adxunto.