Skip to main content

Arteixo mantén o seu compromiso con ASPACE

A Concelleira de Servizos Sociais, Inés Ramos asinou onte a  renovación do convenio de colaboración que mantén con ASPACE  e que permite que a administración local financie o transporte de usuarios da asociación para que poida prestar servizos de calidade aos usuarios afectados de parálise cerebral con residencia no municipio de Arteixo. 

Arteixo apoia así o traballo social que a entidade desenvolve no municipio. 

ASPACE ten como obxectivo a mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral mediante a defensa dos seus dereitos, os servizos a entidades asociadas e a cooperación institucional. Tamén se ocupan da visibilidade das persoas con parálise mediante o impulso de proxectos e alianzas con distintas institucións e entidades privadas.