Skip to main content

A Illa de Guam na sala de exposicións do CC Arteixo

O Centro Cívico Cultural de Arteixo acolle ata o 5 de Novembro próximo  a exposición "O legado hispánico da illa de Guam".

Clark Limtiaco, organizador do encontro, é investigador, asesor cultural e profesor de idiomas. Vive en Carballo e é natural da illa que durante máis de 300 anos foi territorio español e que actualmente e desde 1898 pertence aos Estados Unidos.

Guam está situado na rexión de Micronesia, no Océano Pacífico e foi un importante porto de escala para os galeóns españois que unían os portos de Acapulco (América) e Manila (Asia). Por mor da longa historia española da illa, Guam ten unha raza mixta e unha cultura hispana.

A exposición "O legado hispánico da illa de Guam", que permanecerá aberta ata o xoves 5 de novembro, permite apreciar a cultura mestiza de Guam a través de máis de 100 imaxes de arquitectura, gastronomía, danza, roupa, tradicións relixiosas ou lingua. Incluíndo exemplos dunha influencia especificamente galega.

Esta mostra sobre Guam coincide coa proximidade ao V centenario da Primeira Volta ao redor do Mundo de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano en 1521.

cartaz