Skip to main content

Nova zona de ocio e centro social en Vilarrodís

O Concello acometerá unha nova zona de ocio e un centro social en Vilarrodís. 

O executivo local xa enviou á Xunta de Galicia o documento dun plan especial de dotacións e infraestructuras para a súa evaluacións medioambiental. O proxecto nace do desarrollo urbanístico da UA 61.

O novo equipamento, ao lado da escola infantil, disporá dunha zona de ocio de 3.000 metros cadrados e servirá para satisfacer as demandas de esparexemento e deporte dos veciños da zona. O lugar estará situado a carón do río Seixedo polo que a zona verde será un tramo do paseo fluvial do río.

A reforma da zona inclúe aparcamentos, pasos de peatóns e axardinamento. Tamén servirá para acometer a reforma e ampliación de todas as instalacións de saneamento, abastecemento e electricidade que circundan a parcela. 

Tras o trámite medioambiental, o concello realizará o proxecto de obra e o expediente de expropiación dirixido a conseguir os terrenos necesarios para esta nova zona de ocio.

O desarrollo da unidade tamén permitirá ao concello conseguir un terreo público para instalar un novo centro social que estará preparado para acoller ao alumnado da escola infantil en caso de emerxencia sanitaria . Será un edificio con flexibilidade suficiente para o adaptar ás necesidades de cada momento.

Villa