Skip to main content

Deportes publica as subvencións para actividades deportivas

Pola presente informamos que a Xunta de Goberno Local de data 3 de novembro de 2020, ven de aprobar a Resolución da convocatoria de SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2020 EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA publicado no BOP número 121 de 3 de agosto de 2020, para a promoción do deporte, pola que se concederon 81.586,65 € 

As entidades deportivas e deportistas individuais que recibiron subvención foron as seguintes

  • AD JARNACHAS
  • ASOCIACIÓN ALMA
  • CLUB CHAVE PASTORIZA
  • CLUB DE CHAVE CARMELO
  • CLUB DE CHAVE DE GALÁN
  • CLUB DEPORTIVO EQUILIBRIUM
  • CLUB DEPORTIVO FERVELLO
  • CLUB NATACIÓN ARTEIXO
  • CLUB PATÍN EN LIÑA BRIGÁNTIUM
  • CLUB SURF ARTEIXO
  • CLUB TRIATLÓN ARTEIXO
  • LA DUNA SURF
  • SCD PASTORIZA
  • SRI ESPERANZA DE MEICENDE
  • VETERANOS DE PASTORIZA
  • BARROS NAYA, LAURA
  • GARCIA CASTRO, MATEO
  • LÓPEZ MOMOH, JESSICA

A finalidade desta convocatoria é a promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no Concello de Arteixo no presente ano natural, destinada a apoiar:

  • Ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, fomento do deporte base, deporte para todos, organización de eventos deportivos, así coma na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de deportes.
  • Aos deportistas arteixáns individuais que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición.

 En base á súa finalidade distínguense tres liñas de financiación para entidades deportivas:

  • Programa de fomento do deporte federado
  • Programa de eventos deportivos
  • Programa de fomento de programas de actividade física saudable

BENEFICIARIOS

  • Entidades deportivas legalmente constituídas e deportistas arteixáns individuais.
  • Non poderán ser obxecto de axuda na presente convocatoria as actividades, talleres ou equipamentos subvencionados ou financiados no mesmo exercicio a través doutras convocatorias, convenios ou plans do Concello de Arteixo
  • Quedan expresamente excluídas de esta convocatoria:
    • Todos os deportistas practicantes de modalidades colectivas ou con licenza dunha entidade deportiva de Arteixo que reciban subvención, entendendo que as súas necesidades xa se atopan atendidas a través dos programas de axuda a entidades deportivas das distintas institucións, incluído o propio Concello de Arteixo.
    • As federacións deportivas
    • Entidades deportivas que non teñan o domicilio social no Concello de Arteixo

Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da convocatoria foron os seguintes:

Entidades deportivas legalmente constituídas: 

  • Estar inscritas no Rexistro Municipal de asociacións no momento da solicitude
  • Carecer de fins de lucro
  • Ter o domicilio social no termo municipal de Arteixo.
  • Entidades deportivas que conten, como mínimo, co 50% dos deportistas empadroados en Arteixo que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Arteixo.
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do concello de Arteixo ou sobre temas de interese para o concello de Arteixo

Os deportistas arteixáns individuais que cumpran os seguintes requisitos: 

  • Estar empadroado no Concello de Arteixo, cunha antigüidade mínima de dous anos consecutivos, no momento da solicitude.
  • Que destaquen por resultados en competicións oficiais de ámbito nacional ou internacional e que estean en posesión da licenza de federado expedida ou tramitada pola correspondente federación deportiva e teñan os 12 anos cumpridos no ano da convocatoria.
  • Competir, no ano da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións (poderase estudar a posibilidade de acceder a estas bolsas participando en competicións autonómicas que se consideren de interese público).
  • Acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, o ano anterior ao da solicitude.