Skip to main content

Un clásico de Lorca abre a tempada cultural de decembro

O inmortal clásico de Federico García Lorca, "La casa de Bernarda Alba" abre un novo mes de cultura en Arteixo. Un conflicto xeracional que traspasa épocas e segue vixente. 

O espectáculo será con entrada, a 4 e 3,00 €;  que se poderá adquirir en horario de 11:30-13:30 h e pola tarde, 2 h antes do comezo da función na Billeteira do CCC de Arteixo até completar a capacidade da sala, que as autoridades sanitarias permitan.

Podes consultar o que queda de programación do Outono Cultural neste enlace

alba

A programación finaliza o venres que vén, 11 de decembro con Chévere e as súas "Fillas de Casandra e o mito de Casandra", unha historia sobre o cambio climático visto por tres mulleres de aldea.