Skip to main content

O Campo de fútbo de Pastoriza xa é unha realidade e o Concello abre ao público a urbanización adxacente

O Concello recepcionou xa a construcción do novo campo de fútbol de Pastoriza e abre ao público a urbanización das rúas adxacentes. Trátase dun espazo de 32.000 m2 con novas rúas e zonas de aparcadoiros. Dará servizo tanto aos usuarios do campo de fútbol como aos residente. O proxecto inclúe ademáis unha nova conexión entre a carretera que comunica Pastoriza e Suevos o que mellorará as comunicacións da zona. 

O campo de fútbol é nos últimos anos unha demanda constante da S.D. Pastoriza que é o único clube de fútbol do municipio con categorías inferiores que non dispón de campo propio. 

As instalacións deportivas previstas para esta parroquia se completarán coa nova piscina prevista para unha zona situada ó lado do embalse de Meicende, e que dará servizo ós veciños de toda a parte norte do municipio. 

campo