Skip to main content

"Chévere" protagoniza a cita cultural da semana

O Auditorio do Centro Cívico de Arteixo acolle este venres 26 de febreiro a representación de "Curva España", unha peza a cargo de "Chévere Teatro" que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou.

Será ás 20:00 h, polo que prégase a máxima puntualidade ao público asistente para poder cumprir co toque de queda.

As entradas (4 e 3 €), pódense adquirir, coma sempre, o propio da función: de 11:30-13:30 e 2 h antes do seu comezo (18:00-20:00 h)