Skip to main content

Probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación

O DOG recolle a resolución do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación. 

Trátase dun instrumento fundamental das políticas activas de emprego que favorece a calidade e a integración da formación profesional para o emprego, facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.

A convocatoria é para competencias clave en Comunicación en lingua galega; Comunicación en lingua castelá; Comunicación en lingua estranxeira (inglés) e Competencia matemática.