Skip to main content

As vacinas saen a escena o próximo venres no Centro Cívico

"Os nenos da varíola" de Pérez&Fernández protagoniza a cita cultural da semana en Arteixo. Será este venres 12 de marzo ás 20:00 h no Auditorio.

Trátase dun espectáculo teatral para maiores de 8 anos e con entrada (3 e 2,25 €), que aborda unha temática de máxima actualidade: a vacina para facer fronte a unha pandemia.

O 30 de novembro de 1803 a Real Expedición Filantrópica da Vacina parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.