Skip to main content

O Teatro en tempos de COVID

A compañía Teatro do Atlántico, no marco do proxecto subvencionado pola AGADIC/XACOBEO-21 para a Reactivación do sector escénico galego post COVID-19, organizará unha serie de actividades no Auditorio de Arteixo:

O luns 12 de abril ás 19:00 h,  Mesa redonda  baixo o título O Monólogo teatral". Trátase de  debater e poñer en común os elementos que levan a unha compañía de teatro á produción de espectáculos neste formato coa contextualización no momento actual post COVID-19 coa participación dos seguintes relatores: Ángeles Iglesias de Verdeveras Expresións Artísticas, Eduardo Alonso de Teatro do Noroeste, Artur Trillo de Talía Teatro e María Barcala de Teatro do Atlántico. O acto estará presentado por Xúlio Lago.

O martes 13 de abril, ás 19:00 h, preséntase o proceso de produción dun espectáculo, A CONQUISTA DA ESCOLA DE MADHUBAI, charla e proxección dun documental, no que participarán como relatores Antonio Simón, María Barcala e Xúlio Lago.

As actividades son de balde. Requírese a recollida de invitacións 1 h antes de cada acto na Conserxería do CCC de Arteixo até completar aforo.