Skip to main content

O alcalde formaliza a petición de implantar o ciclo de Primaria en Pastoriza

Carlos Calvelo, e a concelleira de educación, Celina Varela, trataron hoxe co xefe territorial de educación, Indalecio Cabana, as posibilidades de ampliar a escola de Barrionovo para implementar o ciclo de primaria en Pastoriza.

O primeiro edil da así traslado da petición veciñal, avalada por 2.300 sinaturas, e que esta semana entregou no concello un representante de Consello escolar.

Cabana comprométese a estudar esta actuación que podería levarse a cabo comunicando o edificio que alberga a escola co que acolle o centro social de Barrionovo. Actualmente os alumnos de Pastoriza acceden ó ciclo de primaria nos CEPI de Meicende e Galán.