Skip to main content

Axenda deportiva da fin de semana

A XXII copa de España de cans de utilidade se desenvolverá no campo de fútbol de Larín. A A competición, que consta de tres probas, rastreo, obediencia e protección, reunirá a 40 cans chegados de toda España.

O II Duatlón Concello de Arteixo reunirá a casi 190 participantes nas distintas probas que terán lugar ao longo da mañán. As saidas serán desde o aparcadoiro do Campo de Fútbol. Destaca a participación do deportista do Club Triatlón Arteixo Manuel Ángel Penas, como un dos máximos aspirantes a acadar a victoria en categoría masculina. En categoría feminina presúmese unha proba moi igualada, na que polo Club Triatlón Arteixo destaca a presencia de Balbina Tarrío.

A Escudería Centollo, por último, organiza o XI Rallye de Arteixo-Costa da Morte. Será o vindeiro domingo.

A partires das 9 da mañán iniciaranse as verificacións aos participantes, na Praza do Balneario de Arteixo, lugar no que ás 10.00h comezará o percorrido que dicorrerá a través de distintas parroquias e municipios,ata completar os 110 kilometros dos que consta o evento. Os tramos inclúen Barrañan, Caión, Baldaio ou Razo. O retorno transcorrerá por Lañas e Sta. Leocadia, hasta chegar á Praza do Balneario novamente a partires das 15.00h da tarde.