Skip to main content

A renovación da rede de auga de Meicende aforrará preto de 50.000 euros ó ano

O Concello inicia o luns 27 de marzo as obras de renovación da rede de auga nas que se investirán 497.000 euros. O executivo anuncia que as obras se executarán en tramos de 200 metros para causar as menores molestias de tráfico posibles.

O obxectivo é acabar coas perdas dunha rede que non renova as súas conduccións principais dende hai trinta anos. Trátase conduccións de fibrocemento, que actualmente xa non se utiliza, e que ocasiona frecuentes problemas de perdas de auga debido ás roturas.

A nova rede servirá ademáis para abastecer en caso de emerxencia á cámara de carga do sistema de bombeo que hai en Sobrado e que, á vez, é o encargado de surtir de auga ó depósito de Pastoriza, esencial no abastecemento do municipio.

O proxecto contempla tamén habilitar hidrantes destinados ó servizo contra incendios en puntos estratéxicos, así como bocas de rego distribuidas ó longo da rede para a destinar a limpeza e outros servizos auxiliares.