Skip to main content

O Concello adica máis de 30.000 euros á subvención de actividades e investimentos culturais

O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para actividades e investimentos culturais do ano 2017.

Trátase de apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantenemento de actividades, así como na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de cultura.

Serán 31400,00 € para actividades e talleres culturais e outros 4000 euros para equipamento cultural.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 8 de maio de 2017. As axudas deben de xustificarse antes do 30 de novembro de 2017.