Skip to main content

Arteixo segue a apostar pola tecnoloxía no ámbito educativo

Once centros escolares do municipio crearán así novos proxectos relacionados coa tecnoloxía da información no eido educativo.

Os centros educativos acceden de este xeito ás axudas que se conceden ó proxecto "Arteixo Innovación" por un total de 171.500 euros. Trátase de que podan desenvolver diferentes proxectos relacionados coas tecnoloxías da información durante o curso escolar.

A finais de curso o departamento de Educación do concello organizará o denominado Encontro de Experiencias sobre Tecnoloxías da Información e a Comunicación que se desenvolverá no centro Arteixo Innovación, onde se darán a coñecer os proxectos que se levan a cabo nos centros de ensino do concello de Arteixo a través do proxecto. Estas xornadas complementaranse cunha exposición e actividades para alumnos de primaria.

Os profesores dos distintos centros de Arteixo son os encargados de transmiti-las súas experiencias coas TIC como ferramenta para a educación e como medio para facer chegar os seus coñecementos ós seus alumnos. O departamento de Educación que dirixe Celina Varela aposta firmemente pola tecnoloxía como medio para o progreso e para o ensino e se convirte en apoio para que os centros escolares dispoñan dos elementos necesarios para a aplicar.

Os cerca de 171.500 euros servirán para que os centros educativos invistan no suministro de material tecnolóxico, servizos de mantemento ou configuración do equipamento tecnolóxico e gastos de licenzas de programas ou apps