Skip to main content

A pequeciencia volve un ano máis con experimentos e actividades para todos

A través de distintas actividades e obradoiros, os pequenos terán información que lles axude a entender o que pasa, por qué ocorren as cousas, mediante a participación interactiva. Trátase de observar feitos e fenómenos que suceden ao noso arredor e xogar con eses acontecementos.

A tradicional cita coa Pequeciencia chega un ano máis a Arteixo. O venres 5 de maio, entre as 16:30 a 20:00 horas, o Paseo Fluvial acollerá a feira científica máis concorrida do ano.

Haberá 10 talleres interactivos e 2 experimentos en formato de exhibición. Os talleres divulgativos repetiranse secuencialmente ao longo da tarde e teñen unha duración aproximada de entre 10 e 15 minutos. Están baseados na experiencia didáctica e divulgativa.

O público poderá participar de forma activa e contactar directamente coa Ciencia a través de experimentos sinxelos.

A actividade, que pretendeachegar a Ciencia aos máis pequenos dun xeito lúdico e divertido, rematará cunha gran festa da escuma.

Si chove a organización disporá unha carpa á entrada do Centro Cívico.

Pequeciencia 2016

Os participantes poderán disfrutar dos seguintes obradoiros distribuidas por mesas:

  • Xogando baixo a presión: Todos notamos algunha vez a presión sobre o corpo ao sumerxirse na auga...é unha forza moi poderosa que ás veces pasa inadvertida. Empregarase para mover líquidos e probar o truco dos famosos fakires.
  • O equilibrista: Cal é o truco do equilibrista? Sabes onde está o centro de masas? Fagamos equilibrios imposibles
  • Arco iris químico:Daranse a coñecer as propiedades dalgunhas substancias cotiás grazas aos indicadores, os aliados coloreados do químico
  • Esferas e máis esferas:As algas son unhas grandes descoñecidas ainda que nos atopemos con elas nas praias todos os anos. Sabedes que se empregan en moitos alimentos? Probaranse varios produtos derivados delas
  • Fluidos non newtonianos: Corpos que non se comportan coma un líquido nin coma un sólido, senón coma os dous á vez
  • As plantas fan as maletas: Todos sabemos que as plantas non acostuman a dar paseos moi a miúdo e daquela...como consiguen colonizar o territorio? Neste taller descubriremos os distintos métodos que empregan as plantas para conseguir dispersar a súa descendencia.
  • Os nosos amigos invisibles, os microorganismos
  • Cronometrando a química
  • As armas secretas do reino animal
  • A anduriña marcha de vacacións
  • Cociña molecular e plantas aromáticas

Ademáis, a rapazada poderá disfrutar de dous experimentos en forma de exhibición:

  • Pasta de dentes de elefante: Que aspecto ten a pasta de dentes dun elefante? Un animal tan grande debe necesitar un bo chorro de pasta. Descubrirémolo!
  • Cando os gases non son gases: Experimentaremos con xeo seco, o misterioso xeo que non molla, e con nitróxeno líquido. A que temperatura hai que enfriar o dióxido de carbono para solidificalo? E para licuar o nitróxeno?